
Augatech
Innovación tecnolóxica para a xestión intelixente da auga
AugaTech é unha iniciativa impulsada por Augas de Galicia da Xunta de Galicia que ten como obxectivo desenvolver novas ferramentas tecnolóxicas baseadas en datos e intelixencia artificial para mellorar a xestión da auga e facilitar o acceso á información por parte da cidadanía.
O proxecto promove a aplicación de tecnoloxías avanzadas que permitan analizar, interpretar e visualizar grandes volumes de información relacionados co ciclo da auga, contribuíndo así a unha administración hidráulica máis eficiente, transparente e adaptada aos retos ambientais actuais.
Un proxecto para transformar a xestión da auga
A través de AugaTech búscase impulsar a innovación na administración da auga mediante a colaboración con empresas tecnolóxicas, universidades e centros de investigación. O programa promove o desenvolvemento de solucións que melloren a capacidade de análise, predición e toma de decisións na xestión dos recursos hídricos.
Novas de actualidade
-

Augas de Galicia presenta os avances das funcionalidades do proxecto AugaTech nunha xornada ao ecosistema innovador
Augas de Galicia celebrou o pasado 12 de febreiro unha xornada informativa dirixida ao ecosistema innovador co obxectivo de presentar as funcionalidades previstas nas futuras licitacións de Compra Pública de Innovación (CPI) que se impulsarán no marco do proxecto AugaTech. Durante o encontro déronse a coñecer as liñas principais deste proxecto estratéxico de innovación pública,…
-

Lánzase a Consulta Preliminar do Mercado do proxecto AugaTech para explorar solucións innovadoras na xestión da auga
O pasado 25 de setembro púxose en marcha o proceso de Consultas Preliminares do Mercado (CPM) do proxecto AugaTech, unha iniciativa impulsada ao abeiro do establecido no artigo 115 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Este mecanismo ten como obxectivo recoller información e coñecemento do mercado antes de definir…
